La vida de calabacín (Ma Vie De Courgette)

 24 novembro, 18.00 h

Entrada libre hasta completar aforo
 

 Claude Barras, Suíza, 2016. 60 min. A partir de 6 anos.

Guión. Céline Sciamma, Germano Zullo, Claude Barras, Morgan Navarro (Novela: Gilles Paris) // Música. Sophie Hunger // Fotografía. Animation, David Toutevoixroductora // Coprodución. Suíza-Francia; Rita Productions / Blue Spirit Animation / Gébéka Films

Sinopse. Calabacín é un neno afouto que despois de perder a súa nai ten que entrar nun fogar de acollida con máis rapaces orfos. Ao primeiro ten que esforzarse por atopar o seu lugar, porén, coa axuda das novas amizades, aprende a confiar e atopa o verdadeiro amor nunha nova familia.

Premios. 2016 Óscar: Nomeada a Mellor película de animación // 2016: Globos de Ouro: Nomeada a Mellor película de animación // 2016: Premios César: Mellor filme de animación e guión adaptado // 2016: Premios Annie: Nomeada a mellor director, filme independente e guión // 2016: Festival de Annecy: Mellor película e Premio do público // 2016: Festival de Donostia: Premio do público – mellor filme europeo.

El malvado zorro feroz (Le Grand Méchant Renard et autres contes)

10 novembro, 18.00 h

Entrada libre hasta completar aforo
 

Benjamin Renner, Patrick Imbert, Francia, 2017. 80 min. Todos os públicos.

Guión. Jean Regnaud, Benjamin Renner // Música. Robert Marcel Lepage // Fotografía. Animation // Elenco. Animation // Produtora. Folivari

Sinopse.

Todo aquel que considere que a campiña é un lugar tranquilo e anódino, engánase, alí habitan animais moi particulares… un raposo que se cre un polo, un coello que fai de cegoña e un parrulo que quere ocupar o sitio de Papá Noel. Ven coñecer estes personaxes estrambóticos!

Premios. 2017: Premios Annie: Nomeada a mellor película independente, dirección e animación de personaxes // 2017: Premios César: Mellor filme de animación.

Del revés (Inside Out)

17 novembro, 18.00 h

Entrada libre hasta completar aforo
 

Pete Docter, Ronnie Del Carmen, Estados Unidos, 2015. 94 min. Todos os públicos.

Guión. Pete Docter, Meg LeFauve, Josh Cooley (Historia: Pete Docter, Ronnie Del Carmen) // Música. Michael Giacchino // Fotografía. Animation // Produtora. Pixar Animation Studios / Walt Disney Pictures

Sinopse. Riley é unha rapaza que goza ou sofre toda clase de emocións. Aínda que a súa vida estivo marcada pola ledicia, non entende moi ben por que tamén sente tristeza. Varios acontecementos fan que eses dous sentimentos se mesturen nunha perigosa aventura que dará un xiro á súa vida…

Premios. 2015: Óscar: mellor filme de animación. Nomeada a mellor guión orixinal // 2015: Premios Annie: 10 premios, incluíndo Mellor película e dirección // 2015: Premios BAFTA: Mellor filme animado // 2015: Festival de Cannes: Sección oficial longametraxes (fóra de concurso) // 2015: Globos de Ouro: Mellor filme de animación 2015: Premios David di Donatello: Nomeado a mellor filme estranxeiro.