Auditorio Municipal Gustavo Freire Lugo
LIBREMENTE é un concerto antolóxico no que Amancio Prada amosa e revela as pegadas e voces que latexan no seu propio canto e que foron trenzando o fío da súa vida como artista.
Desde os soños de Rosalía de Castro e Federico García Lorca, pasando polos de Gustavo Adolfo Bécquer, Álvaro Cunqueiro, Darío Xoán Cabana, Agustín García Calvo, Chicho Sánchez Ferlosio ata os seus, dende o seu novo disco “PRADA PRADA”.
Poetas -diferentes e distantes- unidos por un canto que é algo máis que harmonía e palabras: o rastro vivo da súa memoria na voz ardente do paxaro solitario que queda Amancio Prada.
AMANCIO PRADA: música, voz, zanfona e guitarra
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte