La 2 de RTVE emite un documental sobre a riqueza medioambiental da provincia de Lugo.
Dirixido por Jaime Pardo Valdés con guión de María Vázquez, música de Martín Blanes e no que participa Xosé Reigosa.

La 2 de RTVE emite estes días o documental «Las rutas del saber: Por la provincia de Lugo» que amosa a diversidade da flora e fauna do territorio, xacementos arqueolóxicos e formacións xeolóxicas “únicas” que o converten nun destino preferente en materia de turismo sostible.

Este é o derradeiro audiovisual dunha serie de tres que, xunto a 820 Km. Las siete vías de peregrinación por la provincia de Lugo e A gastronomía na provincia de Lugo, difunde a Deputación de Lugo na cadea pública co fin de proxectar os recursos da provincia.

Cunha duración de 50 minutos, Las rutas del saber: Por la provincia de Lugo formará parte, por un período de tres anos, da grella da cadea pública, en diferentes días da semana e horarios, incluíndo as franxas de prime time.

Tamén se emite no canal internacional da TVE, e está dispoñible á carta na plataforma dixital de Radio Televisión Española: https://www.rtve.es/play/videos/somos-documentales/rutas-del-saber-provincia-lugo/16097042.