14.4 C
Lugo
Vie, 12 Jul 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Andaina de iniciación á ornitoloxía

6 de julio

Andaina de iniciación á ornitoloxía

Un ano máis, a delegación de Lugo da asociación ecoloxista ADEGA organiza as xornadas ambientais de verán “Os catro elementos”, catro actividades dedicadas a cada un dos catro elementos da natureza: aire, auga, lume e terra, coas que achegar as persoas á natureza e a hábitos de vida máis sustentábeis.

A primeira actividade será a relativa ao aire e terá lugar o sábado 6 de xullo de 9h a 13h. Realizarase unha andaina de iniciación ornitolóxica por Coeses (Lugo), onde se pretende implantar unha planta de biogás. A actividade é de balde e está dirixida a persoas de todas as idades.

Para participar é preciso inscribirse antes do venres 5 ás 14h chamando ao 982240299 ou escribindo a adegalugo@adega.gal. Unha vez realizada a inscrición enviarase información sobre o punto de encontro por correo electrónico.

O resto das actividades iranse anunciando ao longo do verán.

Detalles

Fecha:
6 de julio
Categoría del Evento: