Cemiterio San Froilán – Achádego Teatro
DATA: domingo 12 de maio
HORA: 17:30
LUGAR: Cemiterio municipal de San Froilán
ENTRADAS: poderanse solicitar de xeito gratuíto nas oficinas de cemiterio (Ronda Muralla, 197), así como na Oficina de Turismo sita na Praza do Campo, 11. Tamén se poderán reservar por teléfono no propio recinto: 982297303.
Entregaranse, como máximo, 4 entradas por persoa.
AFORO: 50 prazas.
Continúa a programación cultural do Cemiterio de San Froilán o vindeiro domingo día 12 de maio, coa obra «Día das Letras Galegas».
En forma de faladorios de domingo, as visitas teatralizadas ao Cemiterio constitúen unha actividade teatral cuxo guión e interpretación corre a cargo de Achádego, grupo de teatro da cidade cunha importante traxectoria artística..
Sinopsis:
Nesta teatralización visitarannos importantes escritores soterrados no cemiterio de San Froilán, tales como Anxel Fole, Luis Pimentel, Celestino Fernández de la Vega, e Manuel Pascual Amor Meilán.
Na súa compaña percorreremos o cemiterio e coa súa conversa aprenderemos aspectos relevantes das súas vidas vistos desde o alén que nos axudarán a coñecer e comprender a súa pegada na historia da cidade
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte