Concerto, presentación de libro e microaberto no Bongo Clap
Este venres 17 de maio a partir das 23:30 HRS o @bongoclapclub celebrará o Día das Letras Galegas cunha Festa chea de ritmo e líricas.
O beatmaker Volk GZ @lucascondegz poñerá o pub a retumbar co seu «Galician Beats», un album de instrumentais boom bap feitas con samples de música galega.
E Simon Rodríguez @galegodecaracas MC e escritor, cantará raps e recitará poemas do seu laureado libro «A outra patria»
Relataremos a noite cun Micro Aberto de rap e poesía.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte