8.8 C
Lugo
Mar, 3 Dic 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Conferencia «Como podemos reducir o noso impacto no planeta e facer fronte á crise do clima?

21 de noviembre - 17:00

Conferencia «Como podemos reducir o noso impacto no planeta e facer fronte á crise do clima?

Este xoves, 21 de novembro, o equipo de #LugoNaturalMente da UNED de Lugo ofrecerá unha conferencia de actualidade titulada «Alfabetización climática: como podemos reducir o noso impacto no planeta e facer fronte á crise do clima?».

A actividade terá lugar no edificio Espazo +60 de Afundación de ABANCA, situado na rúa Carril do Mercado 1, ás 17:00 h, e está dirixida a todos os públicos interesados en comprender mellor os retos ambientais actuais e as accións necesarias para mitigalos.

O obxectivo principal desta conferencia é fomentar o coñecemento, a concienciación e a comprensión sobre a crise climática, destacando a importancia da educación ambiental e do empoderamento cidadán como ferramentas clave para promover un cambio sostible.

O equipo de #LugoNaturalMente, integrado por especialistas en sustentabilidade, abordará temas como a contextualización do cambio climático, o impacto na nosa vida cotiá, estratexias para reducir a nosa pegada de carbono e como, dende as comunidades locais, se poden impulsar grandes cambios.

A actividade é gratuíta, e as inscricións poden realizarse a través do correo mais60lugo@afundacion.org ou do teléfono 982 241 878. Anímase a todas as persoas interesadas a asistir e a participar activamente neste espazo de aprendizaxe e reflexión.

Detalles

Fecha:
21 de noviembre
Hora:
17:00
Categoría del Evento: