Fran Sierra Compañía de Danza
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire.
Idade recomendada: A partir dos 16 anos.
Sinopse:
Ceibe é unha obra de baile e música tradicional que afonda na relación entre o xénero e a nosa tradición, nas súas formas de operar en diferentes ámbitos da cotiandade incluíndo, por suposto, unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional galego.
Trata de entender que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade. Reflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos impostos socialmente para establecer distancia coa normatividade e para construír desde aí novas formas de entender o corpo e o movemento.
Cuestiona as identidades de xénero normativas e hexemónicas para comprender e compartir como o xénero opera sobre todos os corpos.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte