Dentro do ciclo «O que queda de verán»
“Bombea” de La Pulpa.
22 de agosto. 18.00h. Praza Anxo Fernández Gómez.
Sinopse:
«O importante non é o camiño, senón con quen pelas as patacas», di o Presidente Vistaro nesta conferencia cómica chamada «¡Bombea!».
A súa compañeira Esperanza, unha encantadora e xigantesca égua troyana, sorpréndenos coa súa cola de catapulta, os seus efectos de chispas e ata cunha cociña portátil!
O resultado final é a comunión co espectador cocendo xuntas unha tortilla de pataca, xa que «seamos ovos ou sexamos patacas, unámonos e fagamos algo marabilloso».
Torpeza, risa e dozura neste xogo entre lumes emocionais que nos anima ao optimismo e a mantermos unidos ante as adversidades.
«¡Bombea!» é un espectáculo de Clown para público familiar, cunha estética elegante, tola e divertida. Fala de como nos relacionamos entre as persoas e a necesidade de coidar estes vínculos. Consigue transmitir isto e facer participar a todo o mundo nunha viaxe interxeracional cun final sorprendente.
Duración: 55 minutos.
Idade recomendada; Todos os públicos.
29 de agosto. 18.00h. Praza Anxo Fernández Gómez.
“Cualquier verdura” de Cia. Chimichurri.
5 de setembro. 18.00h. Praza Anxo Fernández Gómez.
“Cruunch 2” de Muu.
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte