Na Aula de Teatro e Danza da Facultade de Veterinaria de Lugo.
O relator desta faísca será Bal Castro, quen comezou a súa andaina no mundo das artes co grupo de teatro xuvenil de Lugo ‘Os Palimoquiños’. Formou parte da Compañía Teatral USC Lugo coas obras ‘Paz Perpetua’ e ‘O Público’.
Descobre que o corpo é o principal motor da súa expresión artística, polo que se forma en interpretación xestual na ESAD de Galicia. Complementa a súa formación en danza contemporánea da man de profesionais como Olga Cameselle, Kirenia Martínez e Leodán Rodríguez.
Actualmente encontrase na cidade de Porto poñendo a proba o seu corpo e a súa creatividade con diversos artistas internacionais na formación anual de Oficina Zero.
Por outra parte, Bal Castro forma parte da compañía de teatro físico Mevadeus, coa que gaña o primeiro premio na categoría de teatro do Xuventude Crea 2021 coa peza ‘Agro 5G’.
No 2022 estrean ‘Outrora Nós’ e actualmente a compañía atopase nun proceso de investigación escénico chamado ‘Transparentar’, o cal xurdiu das Residencias Paraíso 2023.
Ademais forma parte do elenco da compañía Kirenia Danza nos espectáculos ‘Primeiro a Vida!’ e ‘Afectos’. No ano 2022 traballa no proxecto europeo ‘Antibullyng movement series erasmus’ na cidade de Hildeshiem, Alemaña.
Tamén formou parte da produción teatral do Centro Dramático Galego (CDG) 2020/2021 ‘Serva me, Servabote’.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte