Pérez & Fernández
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire.
Idade recomendada: A partir dos 3 anos.
Sinopse:
Nanai da China é unha nena que naceu unha noite sen lúa. Os seus veciños rexeitana dende que nace, por pura superstición. Ela só sabe dicir que non, e axudar ao seu avó a cultivar o arroz máis delicioso desta beira do Yangtsé en compañía de Chispúm, un simpático búfalo de auga. Para loitar contra a estúpida superstición da xente, Nanai e o seu avó elaboran un plan que… non sae todo o tempo tan ben como debería… «Nanai da China» é un espectáculo de teatro para público familiar onde os títeres e os actores se fusionan para representar este conto orixinal cheo de maxia, aventuras, e humor.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte