16.9 C
Lugo
Mar, 8 Oct 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Festa na Milagrosa polo Día do Maior

22 de septiembre - 16:30

Festa na Milagrosa polo Día do Maior

O Goberno local adiantará a este domingo día 22 a celebración do Día do Maior cunha festa na praza da Milagrosa, con baile, música en directo, merenda doce e algunha que outra sorpresa.

A Concelleira de Benestar Social e Maiores, Olga López Racamonde, sinalou que “decidimos adiantarnos ao 1 de outubro, a data oficial do Día Internacional das Persoas Maiores, para espacialo das festas de San Froilán e garantir mellor tempo e asistencia, para unha actividade que cada ano organizaremos nun barrio distinto co obxectivo de dar visibilidade as diferentes zonas da cidade, e favorecer a socialización da veciñanza”.

Desde as 16.30 e ata as 20.00 horas, a praza da Milagrosa acollera esta festa para o que o Goberno local instalará unha gran carpa, que permita celebrar o baile social, que contará con música en directo.

A edil de Benestar Social e Maiores invita a todas e todos os asiduos aos bailes dos distintos centros de convivencia municipais a tomar parte neste gran baile social, que aínda que dirixido aos maiores está aberto á poboación en xeral.

Detalles

Fecha:
22 de septiembre
Hora:
16:30
Categoría del Evento: