Festival de Teatro Universitario 2024
Aula de Teatro do Campus de Ourense. Grupo Maricastaña. UVigo.
Idade recomendada: A partir de 14 anos.
Lugar: Auditorio Gustavo Freire.
Texto:
O manicomio é o lugar onde van parar as persoas que son diferentes, que non encaixan nunha sociedade que busca o (seu) equilibrio para poder ter todo controlado de cara á produtividade. O tolo, o desequilibrado, é recluído e tratado co fin de recuperarse para esa sociedade: non debe saír dos cánones establecidos.
Sucede que o manicomio está obsoleto e o tratamento de shock que reciben as persoas díscolas está sendo cuestionado. Achégase un cambio, pero sempre que un imperio está a piques de desmoronarse ataca con todas as súas forzas e fará todo o que poida para acabar coa insubmisión.
Esta é unha historia de forzas en oposición: as daquelas persoas que teñen o poder e queren perpetuarse nel e as que o cuestionan desde a súa loucura. É tamén unha historia de amizade, de revolta, de represión, de creatividade, de amor, de liderazgo, de sacrificio. Contén o humor e a morte, a comedia e a traxedia, como a vida mesma. Pon diante de nós os desequilibrios que afrontamos cada día. O lado da balanza no que decidamos poñernos é cousa nosa.
ENTRADA GRATUÍTA (entradaslugo.es)
Compañía de Teatro da USC – LUGO
Idade recomendada: Público Adulto
Lugar: Auditorio Gustavo Freire.
Texto:
Deixando a pel, danza entre varios mundos, varias personaxes presas da mesma historia que tratarán de sobrevivir nunha sociedade deshumanizada. Cal é o límite dunha persoa? Non é a sociedade a que está mal? Canto podemos oprimir a un ser humano ata que faga o innomeable?
Xuventude, amor, suicidio adolescente, disforia de xénero e crítica social.
AUTOR/ DIRECCIÓN: Dramaturxia e dirección de Andrea González.
Unha dramaturxia inspirada libremente no personaxe de Segismundo da obra ‘A vida é soño’ de Calderón de la Barca; na película ‘Laurence Anyways’ de Xavier Dolan e en múltiples investigacións e relatos anónimos.
ENTRADA GRATUÍTA (entradaslugo.es)
Aula de Teatro da USC – Escola de Teatro
Idade recomendada: Apta para todos os públicos
Lugar: Auditorio Gustavo Freire.
Texto:
Cal é a finalidade principal da boca? Comer, morder, falar? Non, bicar.
A ausencia ou presenza dos bicos na nosa vida diaria determina o que pensamos o que queremos, o que odiamos, a que lle temos medo e porque repetimos incansablemente as mesmas accións, como amasar a fariña ou ensaiar coa guitarra, por exemplo.
Outros fan atletismo ou len.
AUTOR/ DIRECCIÓN: A partir de textos de Paulo Mouriño, Laura Valeiras, Roberto Salgueiro, Maurice Blanchot, Leila Guerriero.
ENTRADA GRATUÍTA (entradaslugo.es)
(Des)de los escombros
Grupo de teatro UPNA (Navarra)
Lugar: Auditorio Gustavo Freire.
Texto:
Joven. Dificultades de ser joven.
(Des)de los escombros es una obra donde se cruzan comedia y drama, sobre juventud y precariedad; sobre la (im)posibilidad de pensar un futuro; sobre las ilusiones; sobre el cuento de la lechera. Fragmentos de historias, de cántaros rotos en distintos lugares y tiempos. Esperanzas y miedos ante una sociedad de contradicciones e incertidumbres: la niñez, la juventud, la madurez unidas entre el pasado, el presente… ¿Y el futuro?
AUTOR: María Prado
DIRECCIÓN: Óscar Orzaiz