14.4 C
Lugo
Sáb, 23 Nov 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Inauguración da expo «Fly me to the moon»

31 de mayo - 18:00

Inauguración da expo «Fly me to the moon»

De @olallahigo

Venres 31 de Maio ás 18h en Solaina

Olalla Higo (Ourense, 1997).

Olalla estuda Belas Artes en Salamanca e tras a carreira, nunha busca dunha disciplina a que se supón que te tes que adicar (pintora, escultora, performer…) comeza os seus estudos en cerámica na Escola de Artes e Oficios desa mesma cidade, para logo realizar un master en xestión cultural en Valencia.

Durante esta última etapa deixa de producir Despois dese “parón” só quería debuxar cans, ou o que ela chama “perritoscaballo”. Estes debuxos nacen influenciados polos documentais de animais que sempre lle encantaron, especialmente dun que fai unos anos viu, no que falaban da forma na que se relacionan distintas especies.

Por exemplo, uns monos que se sentían moi seguros porque na súa zona sempre había comida abundante e non tiñan que preocuparse por nada, só de facer amigos e facerse mimos.

Outro exemplo que se lle quedou grabado foi o dos cabalos. Deles din que adican moito tempo ao coidado dos sus seres queridos, que un cabalo ten catro ou cinco cabalos achegados cos que se abraza co colo e ao que lles aparta as moscas dos ollos.

En 2022 volta a Galiza, a Pontevedra. Alí empeza a debuxar bichitos con cornos e máscaras que lle lembran ao carnaval do seu pobo, en León, e ás máscaras dos traxes tradicionais que levan caninos de xabarí, pelaxe de lobo, cornos de corzo… unha mestura entre humano e besta que só sae á luz un par de días ao ano e que, pese ao seu aspecto maligno, a ela lle resultan moi agradábeis.

De este periplo xorde Fly me to the moon, resultado de varios anos de traballo sobre os mesmos temas e formas, una mestura de inocencia e ironía e unha forma de facer que ten bastante que ver co xogo e gozar durante o proceso. Desta maneira adicalle este traballo sería a todos os animais, incluídas as persoas, que se deixaron acariñar e que acariñou.

Detalles

Fecha:
31 de mayo
Hora:
18:00
Categoría del Evento:

Local

Solaina
Rúa do Caminho Real 88, Baixo
Lugo, Lugo
+ Google Map
Ver la web del Local