«O vindeiro venres 14 ás 19h inauguramos a nova mostra de Solaina que albergara obra da artista @criis_souto onde plasma diferentes cuestións relativas á memoria histórica.»
Nas Pontes (A Coruña) exhumouse no 2007 unha das máis de 2500 fosas comúns de vı́timas do franquismo rexistradas en España. Isto significa que, cada dı́a, pisamos unha terra na que se atopan espallados miles de mortos dende hai décadas. Desgraciadamente, a terra non é o único que os agocha: tamén os soterran todas as polı́ticas de Estado que se sucederon tras o réxime franquista.
Erguéndose ası́ , sobre estes sucesos, a construción dunha sociedade democrática enferma de amnesia, incapaz de afrontar o seu pasado recente dun xeito diferente ao esquecemento e a negación.
Rabuñan as voces parte de conceptos como a posmemoria, os lugares de memoria ou o espectro derridiano, elabórase unha investigación sobre o crime franquista que tivo lugar nas Barosas no ano 1936, vinculándoo co presente da vila.
A investigación, partindo do local, remata por consolidarse como unha crı́tica da situación a nivel nacional. Como contrapunto, os sentimentos de imposibilidade do dó, trauma e segredismo saen á luz mediante a acción artı́stica nun intento de exorcizar parte destas pantasmas.
O traballo busca dar visibilidade a estes feitos, propoñendo novas aproximacións dende unha perspectiva interdisciplinar. A crenza na capacidade de denuncia e no papel reparador da arte son os eixes promotores do proxecto.
Cristina Souto (As Pontes, 2002) graduada en Belas Artes pola UVigo, é unha artista multimedia cuxa práctica colinda con disciplinas como a historia ou a socioloxía, dende unha perspectiva crítica e autoetnográfica.
A artista ven de exhibir recentemente os seus traballos en mostras como Voilà la Femme, Ateneo de Santa Cecilia de Marín (2023); Pregar a pintura (2024), Museo Provincial de Pontevedra (2024); XuventudeCrea, Santiago de Compostela (2024); ou en Do final e do comezo, Pazo da cultura de Pontevedra (dic 2024-ene 2025).
No marco audiovisual, algúns dos seus filmes participaron en festivais como sección Paraíso do S8, Mostra de Cine Periférico da Coruña (2023), Novos Cinemas, Pontevedra (2023), Chanfainalab (2024), exposición Graça Morais e José Saramago: A arte de pensar o Ano de 1993 na Facultade de Bellas Artes de Lisboa (2024), sección Supernova de Curtocircuito, Santiago de Compostela (2024) ou AgarimaFest, Vigo, 2025.
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo