De Xavi Cremades Buxán
Evento subido a Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo. www.vivalugo.es
Luns 20 de xaneiro de 2025 – 19:00 h inauguración – 20:30 DJ – Mesón do Forno (Rúa Río Ser nº12, Lugo.)
O artista galego, Xavi Cremades Buxán, nado en Mera (A Coruña), estará para presentar a mostra.
“Nestas obras exploro a escritura auto-xenerativa que deriva na expresión abstracta dun sentir, onde os grafos se resignifican diante dos meus ollos e dos alleos”.
A práctica artística de Xavi Cremades Buxán que atopamos nesta exposición xorde dun uso do deseño como contención da psicose.
Durante os seus estudos en filosofía, Xavi foi diagnosticado con esquizofrenia, o que cortou a súa formación universitaria.
Dende entón practica “unha catálise artística para o relaxamento do malestar psíquico”.
Só durante a inauguración, o artista ensinará os seus cadernos persoais que utiliza a diario
como extensión propia de si mesmo.
Acompañarao a ambientación sonora de Willy the squid! Willy é unhe artista sonore xorde, o que e fai enfatizar na variedade de ritmos. Xerando así o seu estilo ecléctico e procurando un equilibrio entre o UK garage, o breakbeat, o ghettotech e outros estilos asociados.
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte