7.2 C
Lugo
Sáb, 19 Abr 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Inauguración da exposición «Obscuración dalgún corpo planetario»

25 de abril - 19:00

Inauguración da exposición «Obscuración dalgún corpo planetario»

O vindeiro venres 25 de Abril ás 19h na galería Solaina, terá lugar a inauguración da mostra Obscuración de algún cuerpo planetario do artista colombiano Camilo Mutis Canal que irá acompañada dunha performance que se realizará ao final da inauguración ás 21h.

Obscuración de algún cuerpo planetario é unha exposición de palabras, versos, imaxes,
texturas e arquivos de tres proxectos: Páramo, La Miscelánea de Mutis yPlantas
flamencas de sol Morado.

Estos teñen en común o plano experimental da edición e, dende exploracións gráficas e literarias, relacionan memorias persoais, xeografías, teorías, poemas, cantes e relatos colectivos.

Os materiais nos que interveñen estos proxectos dan conta de contornas e apreciacións
particulares que, ao misturarse, xorde unha linguaxe sobre o territorio que non é
descriptivo.

Un vínculo extrano entre os páxaros, as plantas, os astros e as memorias.

Un inventario sen orde. Unha linguaxe científica de supersticións.

A exposición convida aes súes asistentes a rebuscar mensaxes e xerar misturas,
aproximándose á ciencia como poética e á palabra como unha forma de xeografía.

Camilo Mutis

Camilo Mutis (Bogotá, 1992) é un artista e psicólogo colombiano que traballa coa
edición expandida, a performance, a instalación e diversos formatos participativos.

Ten experiencia en investigación, enseñanza artística, mediación cultural, deseño editorial e
multimedia, así como no desenrolo de proxectos artísticos situados e relacionados co
territorio.

Investiga as materialidades da linguaxe, a deconstrucción de símbolos, arquivos e xeografías, e as relacións entre poesía, ciencia e arte.

O páramo, un dos ecosistemas no que creceu, convértese nun escenario especulativo e fértil, dende o cal re-pensar o binomio natureza-cultura a través de diversos proxectos, vinculados coa contorna e novos territorios.

Axenda Cultural de Lugo.

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

Fecha:
25 de abril
Hora:
19:00
Categoría del Evento:

Local

Galería Solaina
Rúa do Caminho Real 88, Baixo
Lugo, Lugo
+ Google Map
Ver la web del Local