Inauguración da instalación “FEEDBACK, un musical antifuturista”

Inauguración da instalación “FEEDBACK, un musical antifuturista” do colectivo peruano AMiXR.
Sábado 26 ás 13:00 h no espazo Leira (Praza do Campo, Lugo)
FEEDBACK é un musical antifuturista e unha experiencia inmersiva en vídeo 360° que explora a intersección entre a ancestralidade, as tecnoloxías dixitalizadoras e o contorno virtual.
Tras inxerir un brebaxe místico, a persoa participante é arrastrada a un ritual espiritual transformado en pesadelo dixital. Nun percorrido por espazos liminais, huacas e santuarios ancestrais peruanos, os corpos físicos reconfigúranse en avatares tridimensionais, enfrontándose ás posibilidades, expansións, tensións e ameazas do mundo virtual.
A obra e a proposta de AMiXR
AMiXR situa o seu traballo na intersección entre a experimentación crítica con ferramentas dixitais e a procura dunha harmonía entre o ancestral e o virtual. Inspiradas pola cultura latina de redes como hi5 e os trends de TikTok, as súas obras nacen de experiencias temperás coa virtualidade.
Con FEEDBACK, o colectivo propón un formato musical en realidade virtual que evidencia a nosa fraxilidade fronte a un contorno dixital en constante avance. AMiXR busca xerar un percorrido con visuales a medio renderizar e performances radicais para cuestionar a nosa relación co software, o internet e o territorio.
Aperturas e visitas guiadas (ás 19:00 h): 9/10, 16/10, 30/10, 13/11 e 20/11.

