-0.9 C
Lugo
Dom, 16 Mar 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Manifestación 8M Lugo 2025 – Plataforma Feminista

8 de marzo - 20:00

Manifestación 8M Lugo 2025 – Plataforma Feminista

SE ESTAMOS XUNTAS, NON PASARÁN
«Os actos consistirán nunha Manifestación, que como tódolos anos partirá da explanada do Edificio Multiusos da Xunta de Galicia , na Ronda da Muralla, as 20,00 horas.
Transcorrirá no sentido do tráfico, en dirección Porta de San Fernando, continuando pola Praza do Ferrol, Rúa San Marcos, Praza Santo Domingo, Rúa Raiña,  Concello, baixando por Franciscanos, onde accederemos á Praza de Santa María, onde rematará o acto, coa lectura compartida do Manifesto, que este ano correrá a cargo de tres destacadas activistas lucenses, María Barba Núñez, Presidenta de Aliad Ultreia, que como sabedes loita contra a trata e a explotación sexual, Pilar Sánchez Monje, traballadora da Rede Museística de Lugo e no Museo do Pazo de Tor, representando o mundo da cultura, e Isabel Vilalba Seivane, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, gandeira e sindicalista, en representación da loita da muller no mundo rural.
Unha vez rematada a lectura, disfrutaremos da actuación musical da artista lucense Rachel acompañada por instrumentistas da nosa cidade.»

Detalles

Fecha:
8 de marzo
Hora:
20:00
Categoría del Evento: