Manifestación Orgullo 2026

Manifestación Orgullo 2026
28 de xuño
20:00 horas
Inicio: Praza Horta do Seminario
Remate: Praza Maior (Palco)
Lugo
«O día 28 de xuño conmemoramos en Lugo, como todos os anos, as loitas pasadas polos dereitos do colectivo LGBTQ+ e recollemos o seu testemuño coa intención de seguir avanzando.
Ante un panorama no que as retóricas fascistas están a poñer en xaque os nosos dereitos e as nosas vidas, chamamos a unha organización do proletariado LGBTQ+ para poder combatilas.
Agardámosvos o 28/06 na praza Horta do Seminario para a saída desta manifestación, cuxo percorrido rematará no palco da Praza Maior.
Contra o auxe do odio, orgullo de clase!» https://www.instagram.com/avantelgbtlugo/





























