0.8 C
Lugo
Dom, 16 Mar 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Masterclass e presentación do fotolibro de Bego Amaré

17 de abril - 19:00

Masterclass e presentación do fotolibro de Bego Amaré

Bego Amaré, unha das fotógrafas de rúa con maior recoñecendo na actualidade, o vindeiro 17 de abril ás 19.00H no Vello Cárcere para unha masterclass e a presentación do seu libro “Detener el paisaje”.

A entrada é gratuíta e aberta ao público.

Organiza: Asociación Fotográfica Maruja Roca

Bego Amaré (Madrid, 1970) é unha fotógrafa madrileña que centra o seu interese en
temas de carácter documental e social.

Movéndose cómoda na fotografía de rúa, segue explorando maneiras de relatar a vida na súa contorna, e alí onde algunha viaxe lévea.

O seu primeiro fotolibro “Detener el Paisaje” é unha consecución de todo o aprendido no
ámbito dos proxectos documentais ao longo destes últimos anos.

Destacan outros traballos anteriores tambien autopublicados, como «Your street, my playground» (motocine) e «Fotocuentos en conserva» (latas de fotocuentos).

A Asociación Fotográfica Maruja Roca fundada este 2024, con sede en Lugo, ten como
obxectivo principal o fomento, promoción e divulgación da fotografía, imaxe e vídeo en
todas as súas variantes.

A través de actividades culturais e lúdicas, busca promover a participación e formación tanto dos seus socios como de todas aquelas persoas interesadas en mergullarse na fotografía.

Igualmente busca poñer en valor a figura de Maruja Roca, unha das poucas mulleres en exercer o oficio de fotógrafa na Galicia da posguerra.

Para máis información sobre este evento ou sobre as súas actividades:

Email: info@afmarujaroca.com
Sitio web: https://afmarujaroca.com/
Redes Sociais: https://www.instagram.com/afmarujaroca/

Axenda Cultural de Lugo.

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

Fecha:
17 de abril
Hora:
19:00
Categorías del Evento:
,

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 29 71 95