Venres 24 de maio
Horario: 20:00 h.
Un ano máis O Vello Cárcere acolle unha das “Residencias Paraíso” promovidas polo Colectivo RPM, que nesta ocasión realiza a artista multidisciplinar Cris Balboa.
En “Sinte” relata con paixón o seu conflito co mundo que nos rodea desde un punto de vista singular e persoal, buscando influir nos estados de ánimo colectivos a través da música electrónica.
Este venres na mostra aberta que ofrecerá ao público asistente, a autobiografía e a música electrónica mestúranse nunha viaxe que vai desde a fraxilidade á celebración.
Venres 24 de maio
Horario: 20:00 h.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte