Nerd Nite Lugo 2024
A Nerd Nite correspondente ao mes de abril viaxa ata Lugo, onde se desenvolverá o vindeiro xoves 25 de abril, a partir das 20.30 horas, na cafetería Cook, unha sesión aberta sobre mulleres e aeronáutica.
As persoas convidadas a participar nesta Nerd Nite, promovida desde a USC xunto coa asociación Ellas vuelan alto, son Neves Seoane Vieira, directora do Centro de Investigación Aeroportada de Rozas; Lidia Gómez Quejido, enxeñeira especialista en aeronavegabilidade, e María Crego Blanco, responsable de deseño de sistemas de comunicacións en Gradiant.
A física da atmosfera e directora do Centro de Investigación Aeroportada de Rozas,
Neves Seoane Vieira, abrirá a quenda de faladoiros coa charla ‘Traballando entre nubes’.
De seguido, Lidia Gómez Quejido, enxeñeira técnica aeronáutica especialista en
aeronavegabilidade e sistemas CAE Par aviation, ofrecerá unha intervención baixo o
título ‘Elas perrean alto’. A enxeñeira superior de telecomunicacións e responsable
técnica de deseño de sistemas de comunicacións en Gradiant, María Crego Blanco,
pechará a Nerd Nite do Campus Terra da USC coa charla ‘Houston, temos un TIK TOK’.
Nerd Nites
As Nerd Nites son conversas divulgativas nas que especialistas de diferentes ámbitos
dialogan co público das disciplinas que os apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton
distendido e en horario nocturno.
Comenzaron a ter lugar en Boston en 2003 e, na actualidade, celébranse en máis de 100 cidades de todo o mundo.
A USC trouxo en 2012 esta cita a Compostela, que foi a primeira cidade española en adherirse ao programa, baixo a coordinación do catedrático de Electromagnetismo Jorge Mira Pérez e agora espalla a súa pegada á sede universitaria luguesa.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte