Con Daniel Pont coaoutor e cofundador da COPEL («Coordinadora de Presos en Lucha»)
Venres 17 xaneiro ás 19:30 – A Hedreira, Rúa Catasol, 17 baixo (Lugo)
«Entre el azar y la necesidad» explica a construción histórica dun instinto de liberación individual e colectivo.
Desde as primeiras tentativas de emancipación persoal respecto da familia e da contorna de precariedade social, que levarían a Daniel Pont ás súas primeiras experiencias carcelarias, ata a plena toma de conciencia política durante o proceso de autoorganización dos presos na COPEL, a evolución subxectiva de Daniel explícanos a rebelión colectiva dunha clase condenada en todos os sentidos.
Esa que viu como os cárceres do franquismo non eran abolidas, senón perfeccionadas por un novo réxime que acabou refinando os mecanismos de destrución das persoas no sistema penal.
Coautoría con Ignacio González Sánchez.
Editorial Virus
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
https://www.instagram.com/vivalugo/
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte