- Este evento ha pasado.
Presentación do libro «Lugo terceiro milenio»

Presentación do libro «Lugo terceiro milenio» de Xosé Manuel Otero
Martes 29 de setembro
19:30 horas
Salón de actos do Pazo de San Marcos
A Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, presentará, o fotolibro “Lugo Terceiro Milenio”, do
fotógrafo Xosé Manuel Otero, editado polo Servizo de Publicacións da institución provincial.
Trátase dunha obra que percorre con máis de 300 imaxes que reflicten a vida cotiá da provincia de Lugo nos primeiros 25 anos do século XXI, poñendo de manifesto os cambios e a evolución que trouxo consigo o novo milenio.
Ademais o libro conta con textos do escritor e profesor Toño Núñez e cun limiar da fotógrafa Mercedes Vázquez.
A entrada será gratuíta ata completar capacidade, e as persoas asistentes poderán levar unha copia do libro de balde.
O acto contará coa participación da Deputada de Cultura e responsábel do Servizo de Publicacións, Iria Castro, Xosé Manuel Otero,
autor do libro, Toño Núñez e Mercedes Vázquez.

