Sarabela Teatro
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire.
Idade recomendada: A partir dos 16 anos.
Sinopse:
Como quen se deixa roubar o seu tesouro máis prezado, a actitude das galegas e dos galegos respecto á súa lingua non «resistiría» nengunha análise. E será que o galego é a lingua máis difícil do mundo? E será de deberemos constituír unha oficina de palabras perdidas? Palabras perdidas, roubadas… Fronte ao «es que no me sale», «es que no se me da» «MADE IN GALIZA» é un convite á República Indenpendente da túa língua. Non imos perdela nin en soños porque co galego imos «ao fin do mundo» e quen o proba o sabe!
Baseada no libro de Sechu Sende (Padrón, 1972) que abre as portas ao humor reflexivo, á poética ao alcance de todo o mundo, Sarabela quere «comprometerse» con ese universo creado polo autor no que a verdadeira protagonista é a nosa lingua, secundando esta aguerrida proposta na necesaria defensa dese tesouro que é a lingua galega. A obra escrita por Séchu Sende no ano 2007 foi elixida como Libro do Ano no 2017, e xira ao redor dun tema que ten tanto que ver con nós como sociedade, que está nos alicerces da nosa cultura (foi Castelao quen dixo: «se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma»).
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte