De Culturactiva
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: A partir dos 14 anos
Ficha Técnica:
– Dirección: Ignacio García e Fran Rei.
– Adaptación: Manuel Lourenzo.
– Elenco: Rubén Bargiela Sierpes, Corina Alfonso Mañá, Elvis García Torres e Alba Chao.
– Adaptación a Lingua de Signos e participación actoral: Chusa Pérez de Vallejo.
Sinopse:
Nada se Sabe é unha coprodución do Centro Dramático Galego e Culturactiva Producións.
Nada se Sabe baséase na obra A Taberna de Clitia, de Manuel Lourenzo, que é unha adaptación das obras A cura en Troia de Seamus Heaney e Filoctetes, de Sófocles, na que se recollen os elementos fundamentais desta traxedia grega.
Nada se Sabe fala, a priori, das persoas desprazadas pola sociedade, pero, sobre todo, dos homes e mulleres imprescindibles que, a pesar de estar na soidade máis absoluta contra a súa vontade, resisten.
A fábula constrúese a partir das dúbidas que enfrontan a Neptólemo e Filoctetes, o primeiro para ser fiel ós seus propios valores, renunciando a enganar ó solitario penitente, e o segundo para aceptar o seu propio destino e ir na axuda de aqueles que tanto agravio lle causaron nun pasado que aínda é presente.
A peza clásica fala de Filoctetes, un dos imprescindibles, que ha de pasar pola dor física e o moral, pola dor psíquica terrible de verse abandonado polos seus mellores aliados e quedar só envolto na súa propia soidade, berrando a ninguén esa mesma soidade e ese mesma dor. Porén, Neoptólemo, aínda que inicialmente engana a Filoctetes, desenvolve unha amizade xenuína con el.
A obra explora a moralidade das accións de Neoptólemo e como a compaixón e a empatía poden superar a astucia e a manipulación.
O texto propón unha lectura crítica de situacións e conflictos, relativizando os motivos que uns e outros esgrimen para encherse de razón, sen evitar algunhas referencias, tanxenciais e indirectas, á situacións actuais, condensando o esencial do texto clásico, cun diálogo máis fluído e unha acción moito máis dinámica.
ENTRADAS:
Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.