2 de xuño. Auditorio Municipal Gustavo Freire. Lugo. 20.30h.
Showroom é unha creación teatral das artistas e performers Manuela Ferreira e Rita Morais que se estreou en Guimarães (Portugal) no marco do proxecto de residencia Criação Crítica/Teatro Oficina.
Na súa orixe nace como creación teatral site-specific que se desenvolve nunha tenda de cociñas.
Nesta adaptación para espazo teatral, unha performer solitaria investiga e cuestiona o poder performativo dun espazo cotidiano e familiar.
Disfrazándose de diferentes personaxes inspirados no mundo do cinema, crea unha escritura visual que desmonta e contradi as diferentes representacións da muller no espazo da cociña, diseccionando estereotipos e experimentando novas interpretacións.
O espectador, ante este desfile de imaxes, asume o papel de lector-editor que selecciona e interpreta os significantes humanos, espaciais e sonoros a partir dun repertorio de experiencias personais e intimas.
Duración: 70 min.
Idade recomendada: A partir dos 14 anos.
FICHA ARTÍSTICA
Creación: Manuela Ferreira, Rita Morais
Concepción e posta en escena: Manuela Ferreira
Interpretación: Rita Morais
Deseño de son e sonorización: Rolando Ferreira
Deseño de luces: Ricardo Santos
Iluminación: Bárbara Falcão
Traducción: Gustavo Reis
Apoio dramatúrxico: Residencia Criação Crítica/Teatro Oficina-Mickael d’Oliveira
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte