Visita teatralizada – “Mallo, Asorey e os seus anxos”
Continúa a programación cultural do Cemiterio de San Froilán o vindeiro domingo día 28 de abril, coa obra “Mallo, Asorey e os seus anxos”.
Trátase da segunda das visitas teatralizadas do ano que, en forma de faladorios de domingo, constitúen unha actividade teatral cuxo guión e interpretación corre a cargo de Achádego, grupo de teatro da cidade cunha importante traxectoria artística.
Sinopsis:
Da man de Manuel Mallo precorrerase o Cemiterio e coñecerase a importante colección de anxos tallados por el que se atopan na necrópole, así como o significado de cada un deles.
Nesta visita o señor Mallo estará acompañado, polo tamén escultor Francisco Asorey, destacado na realización de Cristos e santos de madeira.
Na compaña deles aprenderanse aspectos relevantes das súas vidas vistos desde o alén que axudarán a coñecer e comprender a súa pegada na historia da cidade.
DATA: domingo día 28 de abril
HORA: 17:30
LUGAR: Cemiterio municipal de San Froilán
ENTRADAS: poderanse solicitar de xeito gratuíto nas oficinas de cemiterio (Ronda Muralla, 197), así como na Oficina de Turismo sita na Praza do Campo, 11. Tamén se poderán reservar por teléfono no propio recinto: 982297303.
Entregaranse, como máximo, 4 entradas por persoa.
AFORO: 50 prazas.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte