18.8 C
Lugo
Sáb, 12 Oct 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Viva Lugo – Cantos de Taberna en Campo Castelo

21 de septiembre - 20:00 - 23:00

Viva Lugo – Cantos de Taberna en Campo Castelo

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou, xunto con hostaleiros da praza de Campo Castelo, o ciclo de Cantos de Taberna que terá lugar este sábado, 21 de setembro, entre as 20 e as 23 horas, en distintos locais de hostalería da contorna.

Ferreiro destacou que se trata dunha proposta «que permite animar ese momento de encontro con amizades e familia, mantendo viva unha tradición moi arraigada na nosa cultura».

Maite Ferreiro afirmou que «a cultura tradicional galega conta todos os anos cun importante protagonismo na programación cultural, con impotantes seleccións de actividades para achegar a toda a veciñanza as distintas expresións culturais que se continúan a manter e recuperar nos nosos días».

A edil de Cultura destacou os cantos de taberna «como unha importante mostra da nosa cultura», e convidou a toda a veciñanza a asistir aos locais de hostalería de Campo Castelo durante a celebración dos cantos de taberna, «apoiando tamén á hostalería local, un importante sector que da unha importante proxección internacional á nosa cidade».

A concelleira de Cultura afirmou que «seguimos apoiando as distintas iniciativas que buscan promocionar a cidade e facilitar a transmisión das mostras máis relevantes do noso importante patrimonio cultural».

 

Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.

Feita por emprendedores lucenses que amamos Lugo.

Grazas por seguirnos e apoiarnos.

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

7 anos traballando pola cultura lucense.

Detalles

Fecha:
21 de septiembre
Hora:
20:00 - 23:00
Categoría del Evento: