Xornada sobre desinformación e fake news co politólogo e investigador Pablo Simón
O centro municipal de información europea Europe Direct Lugo organiza este xoves no auditorio do Vello Cárcere unha xornada sobre desinformación e fake news, coa participación do politólogo e investigador Pablo Simón, analista habitual en medios de comunicación como La Sexta, TVE ou Cadena SER. A xornada, que será aberta ao público e con acceso libre ata completar aforo, estará dirixida a estudantes e profesorado, especialmente dos centros de ensino da rede de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo (EPAS) e, en xeral, á comunidade universitaria do Campus Terra lucense.
No evento, que dará comezo ás 9:30 horas, tamén participarán de forma telemática María Campo, membro do equipo de comunicación da Representación da Comisión Europea en España; e Teresa Coutinho, responsable de educación e mocidade na Oficina do Parlamento Europeo en España. Sobre as 10:30 horas dará comezo a conferencia presencial de Pablo Simón, quen respostará as cuestións e inquietudes que planteen as persoas asistentes.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte