O 16 novembro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO MUNDIAL, data que coincide coa sinatura da Convención sobre o Patrimonio Mundial Cultural e Natural, feito que tivo lugar en París no ano 1972. Con tal motivo, a Rede Museística da Deputación de Lugo organiza unha serie de actos ao longo do mes de novembro para poñer en valor o Patrimonio Cultural da provincia de Lugo, Estes actos terán lugar de acordo ao seguinte calendario:
Xoves, día 14 de novembro de 2019.
Ás 18:00 horas, na Sala Multiusos do Museo Provincial de Lugo, mesa redonda sobre Patrimonio e sostibilidade, moderada por Encarna Lago González, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo, que contará coas intervencións de:
– Mónica Díaz e Beatriz Pérez Pereira, da Asociación de Guías de Galicia.
– Pilar Sánchez Monje, de O sorriso de Daniel.
– Silvia Fiallega Lorenzo, da Rede Museística da Deputación de Lugo.
– María Núñez Pertejo, da Axencia Tee-Travel.
– Xosé Figueroa Lorenzana, do Pazo de Sabadelle Ecoagroturismo.
Sábado, 16 de novembro de 2019
Ás 11:30, 12:30, 17:30 e 19:00 horas, no Museo Provincial de Lugo, visitas guiadas sobre a posta en valor da sostibilidade do patrimonio cultural baixo o título Do nomadismo ao turismo.
De 12:00 a 14:00 horas, no Museo Fortaleza de San Paio de Narla (Friol), obradoiro sobre «Coñece e valora desde nenez o teu patrimonio».
Ás 16:00 horas, no Museo Provincial do Mar (San Cibrao, Cervo) visita guiada baixo o título “As comunidades mariñeiras como parte do patrimonio inmaterial de Galicia.”
Xoves, día 28 de novembro de 2019
Ás 18:00 horas, no Museo Pazo de Tor, relatorio de Fernando Arribas Arias sobre Un exemplo de patrimonio esquecido e pouco valorado: cruceiros, cruces e petos de Monforte de Lemos.