As celas de homes da pranta baixa do Vello Cárcere acollen a exposición «Prontuario» de Vanessa Somoza Domínguez ata o 8 de marzo. A mostra é un prontuario que percorre parte da prolífica obra figurativa da artista lucense coñecida tamén polo seu forte compromiso social e reivindicativo que tamén traslada a estas obras onde vemos o maltrato sufrido polas clases populares e as nefastas consecuencias desta sociedade mercantilizada pero cun atisbo de esperanza, dando voz coas súas pinceladas as clases máis vulneradas, aos emigrantes, mulleres, nenos e nenas sen voz.
Vanessa Somoza imparte clases artísiticas en Mil Cores para todas as idades.
AS SEGUINTES SON FOTOGRAFÍAS CEDIDAS POLO GAB. COM. CULTURA-TURISMO DE LUGO:
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte