Agosto 2019 A Sala de Exposicións e Refectorio do Museo Provincial de Lugo acollen unha mostra antolóxica dun dos artistas lucenses de maior calado e repercusión internacional: José Vázquez Cereijo.
Baixo o título » Eu sempre soñei ser a miña historia. José Vázquez Cereijo (exposición antolóxica)» pódese visitar ata o 22 de setembro de 2019, con entrada gratuita, nos seguintes horarios:
Luns a venres: 9:00 a 21:00 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
Na exposición pódese ver obra propia e da súa colección de arte.
José Vázquez Cereijo naceu en Lugo, na praza Maior 16, no ano 1940 e xa desde neno tirou polo mundo das artes: pintura, escenografía, baile clásico …e era un habitual das charlas do Hotel Méndez Núñez con Luís Pimentel. A partir de ir a Madrid a estudiar Arquitectura e Cinematografía empeza a «construir» a súa carreira de artista (pintura, gravado, ilustración, cartelería, libros de autor …exposicións por todo o mundo e ata obra poética) e de coleccionista de arte (chegou a ter unha galería de arte onde expón a Picasso e a Miró e, tamén, aos seus amigos Gregorio Prieto e Manolo Viola). A pesar do seu «exilio» en Madrid, José Vázquez Cereijo regresa con frecuencia ao seu Lugo natal e á casa de Viveiro para retornar definitivamente no 2013. Falece en Lugo, o 16 de agosto de 2016.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte