Incorporando unha nova publicación por semana, a BIBLIOTECA VIRTUAL DE GALICIADIGITAL chega a 250 libros postos ao dispor dos internautas.
O libro 250 é UN LUGO DE CINE, de Manuel Curiel Fernández, publicado polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, dentro da súa Biblioteca da Semana de Cine de Lugo.
Este fondo editorial, de poesía ou narrativa, ensaio ou reportaxe, en galego ou castelán, é posible polas achegas desinteresadas de amigos e colaboradores da Plataforma, que entenden que a Cultura debe contar con novas canles de difusión, sen interese económico, pero con afán de contribuír a que a través de Internet os interesados poidan acceder gratuitamente a unha literatura de proximidade, valiosa pola cercanía dos temas, por coñecemento dos autores e porque eses autores son nosos, no máis amplo sentido da palabra.
Máis información: http://bibliotecavirtual.galiciadigital.com/
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte