Novembro 2019 Felipe Rivas, edil de Educación e Difusión do Coñecemento anunciou a posta en marcha do XXV Certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo, no que poderán participar todas as rapazas e rapaces de 12 a 18 anos dos centros de ensino de Lugo.
Cada persoa poderá presentar un máximo de tres relatos, que terán unha extensión máxima de 10 páxinas escritas a unha soa cara. O Certame está dividido en dúas categorías, de 12 a 14 e de 15 a 18 anos, que terán tres premios cada unha. Cada unha das gañadoras recibirá un diploma e un lote de libros, e a maiores repartiranse premios de distintos valores segundo as categorías. Se ademais dos traballos premiados houbese, a xuízo do xurado, outras obras merecedoras de recoñecemento, poderanse outorgar mencións honoríficas.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte