CHUCHO, SOLEÁ MORENTE, MUJERES, PARQUESVR, MENTA, PELAZO, FROM ATOMIC (PORTUGAL), TULIP, INFRARROJA, CONDUCTO COLOQUIO.

27/28 agosto – Exterior Auditorio Gustavo Freire Lugo

Adiantamos novas frescas do Facela Fest 2021: cartel, data, lugar, entradas…salvo cambios de última hora, ¡temos o FACELA en marcha!

27/28 agosto.
 
Recinto: Exterior Auditorio Gustavo Freire de Lugo
 
Cada mediodía un concerto gratuito e pola tarde/ noite 4 concertos para os que hai que sacar entrada
 
Entradas: Wegow
 
Este ano como novidade tamén ofrecen a entrada de balde ó recinto dos menores de 12 anos (con presenza como mínimo dun dos proxenitores ou titores e dispoñendo dos dispositivos específicos para escoitar música) 
 
 
Venres tocarán Soleá Morente, Parquesvr, Menta, Tulip e Conducto Coloquio
O sábado será turno de Chucho, Mujeres, Pelazo, Infrarroja e From Atomic
PROGRAMA 

Venres 27 Agosto 

Concerto a partir das 14:30 en sesión vermut nos exteriores do Auditorio Municipal Gustavo Freire (Banda a determinar)

Concertos a partir das 18:30 no mesmo escenario: CONDUCTO COLOQUIO, MENTA, SOLEÁ MORENTE E PARQUESVR.

Sábado 28 Agosto 

Concerto a partir das 14:30 en sesión vermut nos exteriores do Auditorio Municipal Gustavo Freire: FROM ATOMIC.

Concertos a partir das 18:30 no mesmo escenario: INFRARROJA, PELAZO, CHUCHO E MUJERES.

GRUPOS E ARTISTAS FACELA FEST LUGO 2021

CHUCHO

O grupo xorde trala ruptura, a mediados dos 90 do lexendario grupo Surfin’ Bichos, que xa estiveron en Lugo da man de Facela Lugo hai uns anos.

Fernando Alfaro iniciaría un proxecto de nome Chucho composto por Juan Carlos Rodríguez García e Javier Fernández.

En 1997 publican o seu primeiro álbum, 78, disco no que a alucinación mézclase cun universo moi persoal que bordea a posesión poética.

O seu segundo álbum foi Tejido de felicidad, publicado en 1999, momento no que se une ó grupo Miguel Ángel Gascón, sendo para moitos un dos mellores discos nacionais dos últimos 30 anos.

En 2001 publican Los Diarios de Petróleo, uníndose Emilio Abengoza.

En 2004 publican Koniec, último álbum do grupo antes de desactivarse tras un concerto de despedida no 2005.

En 2013 retoman a actividade no punto donde a deixaron e entran de novo en escea.

En 2016 publican el álbum Los años luz.

Neste vindeiro 2021, con novo material «Corazón roto y brillante», pasarán na xira de presentación por Lugo nun concerto moi especial, sendo a súa primeira visita a Lugo.

SOLEÁ MORENTE (GRANADA/ MADRID)

Soledad Morente, cantante española de flamenco, pop e rock, ademáis de actriz; sendo a filla mediana do mítico cantaor Enrique Morente.

Aínda que naceu en Madrid, criouse en Granada. Tras varias colaboracións con Los Evangelistas (formado por membros de Los Planetas e Lagartija
Nick) en 2015 publicó «Tendrá que haber un camino», su primer disco en solitario, seguido a principios de 2018 por su segunda obra, «Ole Lorelei» e  n 2020 o terceiro álbum, «Lo que te falta».

Leva unha carrera meteórica na que abundan os premios como o Ojo crítico, de RNE, na categoría de música moderna (2019).

MUJERES (BARCELONA)

O grupo orixinario de Barcelona, e conformado por Pol, Yogo e Arnau, iniciou o seu proxecto hai máis de 10 años como un grupo de amigos que se reunía
para facer algo xuntos. Agora xa posicionados como un dos referentes do rock en castelán, buscan elevar os seus novos himnos para complacencia dos seus miles de seguidores.

Tres anos tiveron que pasar para poder ter ó sucesor de ‘Un Sentimiento Importante’ (2017), co cal acadaron unha gran aceptación por parte da crítica
e do público. Agora con este novo disco –  ‘Siento Muerte’ –  cargado de matices e cores, e diferenciado polo seu particular son e forma de compoñer, Mujeres apuntan de novo ao éxito.

PARQUESVR (MADRID)

Parquesvr, é un grupo formado por músicos de bandas underground como El Páramo, Persons, Sou Edipo o Escombros, e liderados por Javi Ferrara,
insigne promotor e mánager que ven de convertirse en frontman. 

As súas sátiras socias, políticas teñen moita máis miga do que poden aparentar, con gran trasfondo político; a súa sona creceu dunha forma espectacular nos últimos anos tornándose virais en Spotify cunha oda irónica ao bon de Lance Armstrong.

MENTA (MADRID)

Menta, é un grupo que emerxeu en plena pandemia. Meji (voz), Nico Rubio e Rodrigo Godoy (guitarras), Lucas Sierra (baixo), Grego Scopa (teclado) e
Pedro del Pozo (batería) publicaron o seu primeiro EP en xuño de 2020 e causaron unha grata sorpresa instantánea.

O que marca a diferencia son os textos na voz de Meji. Estamos ante unha cantante absolutamente única que desborda carisma. Pode sorprender que ela
proveña do flamenco, xa que o seu rexistro, grave, rudo, parece mais preto do punk ou rock urbano.

FROM ATOMIC (PORTUGAL)

Trío formado por Alberto Ferraz, Sofia Leonor e Márcio Paranhos que naceu en 2018, en Coimbra. A súa sonoridade resulta dunha perfecta simbiose entre o pop de vangarda dos anos 80 e o indie-noise da década dos 90. A sinxeleza e dramatización que Sofía aplica nas cancións, a través da súa voz e do baixo, transfórmase brutalmente pola gran musicalidade da batería e a teatralidade da guitarra, creando cancións adictivas. 

Despois de amosar os seus primeiros adiantos, «Heaven’s Bless»; e «Better Than», o primeiro incluíuse na compilación Novos Talentos FNAC 2019. Tamén foron os encargados de abrir para Balthazar no mítico Hard Club de Porto. A principios do 2020, Lux Records editou o seu primeiro disco: «Deliverance» gravado e producido nos estudos Blue House.

Shoegaze, Dream pop e post punk é o que traerá unha das bandas máis prometedoras do noso querido país veciño.

PELAZO (ASTURIAS)

Pelazo fórmanse a principios do ano 2020 no barrio de Santa Marina en Mieres con varios miembros pertencentes a outras bandas como The Cynics, Dr.
Explosión, Human Beans….

A súa formación é clásica; dúas guitarras, baixo, batería e tres voces, e os seus ecos xiran cara as bandas históricas do power pop máis melódico. Unha delicia para os paladares máis exquisitos.

INFRARROJA (LUGO)

Banda de indie rock lucense con poderosas cancións ben traballadas e unha proxección máis que prometedora. A voz de Rachel lidera a uns músicos que aportan unha enerxía contaxiosa a cada un dos temas. Con concertos xa no San Froilán, Club Clavicémbalo, O Vello Cárcere, Na Bocanoite… será o seu primeiro – e merecido –  festival. 

Son: Rachelle Nim (voz), Robert Wallace (guitarra), Marx Veiga (guitarras y coros), Moreno (Bajo) ,Manu Nuñez (batería) y Adrián Bluz (teclados, sintetizadores)

Infrarroja – fb – 

CONDUCTO COLOQUIO (LUGO)

Un referente da escena lucense tamén estarán no Facela 2021: Conducto Coloquio, banda lucense formada en 2013 que transita entre sonidos de hard rock e blues, con letras comprometidas e directo contundente.

Con formación de quinteto lanza o seu primeiro
disco “Germinal” no 2015, momento a partir do cal a banda pisa máis intensamente os escenarios. En 2018 publican «Distopía». 

Componentes:
Lea Escudero (bajo) 
Miguel Bello (voz, guitarra)
Víctor (batería) 
Andrés Haensel (teclados, 2015-presente)
Luis «Bedu» Pérez (guitarra)
 
TULIP (VIGO)

Pop tropicalista é o que ofrece este grupo vigués, que reúne a membros de coñecidas bandas do pop-rock alternativo de Galicia como Wild Balbina (Marta
González) e Dois (Óscar Raña) para ofrecernos pequenas xoias de estío, que nos remiten á amizade, á praia e aos solpores con repouso melancólico.»