A Sociedad Filarmónica de Lugo comeza o 2026 cun ciclo de concertos de música de cámara de primeiro nivel incluidos na súa tempada.
Serán catro concertos nun periodo de 30 días, dende o 10 de xaneiro ata o 7 de febreiro.
Comenzará o ciclo co concerto deste vindeiro sábado a cargo do dúo formado polo prestixioso violinista Abel Tomás, primeiro violín do Cuarteto Casals e a pianista británica Emma Stratton.
Continuará o ciclo o día 17 deste mes co Cuarteto Bretema, un cuarteto de corda e piano procedente da ESMUC de Cataluña; o 22 de xaneiro actuará o trío formado por Juan Ferrer ao clarinete, Raúl Mirás ao violonchelo (ambos solistas da Orquestra Sinfónica de Galicia) e a pianista Alicia González.
Rematará o 7 de febreiro co concerto de Iria Folgado, oboísta solista da Konzerthaus Orchester de Berlín, acompañada do seu cuarteto de corda
Sábado, 10 de xaneiro de 2026 20:00 h. Círculo das Artes de Lugo
Abel Tomás, violín (1º violín do Cuarteto Casals)
Emma Stratton, piano
Programa:
W. A. Mozart: Sonata nº 18, en Do Maior, K. 301
J. Brahms: Sonata Op. 78 nº 1 en Sol Maior
F. Schubert: Fantasía en Do Maior, D. 934
Venda de entradas para non socios: Taquilla do Círculo das Artes
Entradas para non socios: 15 €
Entradas estudantes: 5 €* (*menores de edad entrada gratuita).
+ Info: www.filarmonicadelugo.com
Abel Tomás, violín
Nacido en Barcelona no ano 1980, Abel Tomás inicia os seus estudos musicais co seu pai e violín co seu tío. Posteriormente, é alumno de Zakhar Bron e Serguei Fatkouline na Escola Superior de Música Reina Sofía de Madrid (1995-98) e de Víktor Tretjakov na Hochschule für Musik de Colonia (1999-2002).
A súa formación camerística estivo profundamente influenciada polos mestres Walter Levin, Rainer Schmidt e György Kurtág.
Como solista actuou en diversas orquestras, entre as que cabe destacar a Orquestra Sinfónica de Barcelona, a Orquestra Sinfónica del Vallès, a Orquestra Sinfónica de Euskadi, a Orquestra Sinfónica de Tenerife, a Orquestra Nacional Clásica Andorra, a Orquestra Franz Schubert Filharmonia e a Orquestra Sinfónica da SWR de Stuttgart, con directores como James Judd, Junichi Hirokami, Víctor Pablo Perez, Carlo Rizzi, Inbal, Rubén Gimeno, Xavier Puig, Salvador Mas, Edmon Colomer e Zubin Mehta, entre outros.
Realizou numerosos recitais de violín e piano cos pianistas Orli Shaham, Suguru Ito, Miri Yampolsky, Amir Katz, Eldar Nebolsin, Kennedy Moretti e Hyo-Sun-Lim. Actualmente tamén forma un dúo coa pianista Emma Stratton.
Aos 16 anos entra a formar parte como membro fundador do recoñecido Cuarteto Casals, conxunto de cámara co que mantén unha actividade artística moi intensa dende o 1997 ata a actualidade, ofrecendo concertos nas mellores salas europeas e xiras anuais, por América Latina, Estados Unidos de América e Asia. Dende o ano 2004 o cuarteto grava en exclusiva para Harmonia Mundi, discográfica coa que levou a cabo numerosas gravacións ata día de hoxe.
O Cuarteto Casals foi galardoado co Premio Nacional de Música 2006, o Premi Ciutat de Barcelona 2005 e o Premi Nacional de Catalunya 2016. No ano 2009, xuntamente co seu irmán Arnau Tomás e a pianista Hyo-Sun-Lim, fundan o Ludwig Trío. Con este grupo ofreceu xiras por Europa e Corea do Sur, e tamén gravou dous CDs co selo discográfico Aglae.
Á marxe da súa intensa actividade concertística, Abel Tomás é tamén profesor de música de cámara, na Escola Superior de Música de Catalunya (ESMUC) de Barcelona. Recentemente gañou a praza como profesor de música de cámara na Hochschule für Musik und Theater de Hamburgo. Imparte tamén periodicamente clases maxistrais como profesor invitado na Escola Forum Musikae de Madrid, no Koninklijk Conservatorium da Haia (Holanda) e na Scuola de Musica di Fiesole (Florencia). Foi profesor invitado pola ECMA (European Chamber Music Academy) e por ProQuartet (Paris)
Emma Stratton, piano
“O pianismo de Emma Stratton é unha mestura de virtuosismo e musicalidade singulares que explican o por que merece un lugar destacado entre os talentos da súa xeración. Stratton evidencia unha inusual capacidade comunicadora nunha músico da súa xuventude, o que converte cada unha das súas actuacións nunha viaxe emocional única conducida con mestría e respecto cara o ouvinte.” – RMC, Lluís Trullén
A pianista española-británica de 26 anos está acabando os seus estudos no prestixioso Konzertexamen en Hamburgo, e esta tempada debutou no Palau de la Música Catalana, na Sala Bechstein de Viena, recibiu a Bolsa de estudos Alícia de Larrocha, lanzou o seu primeiro CD Syndesi o cal gañou o Premio Enderrock 2025 na Categoría “mellor artista revelación de clásica” e ofreceu unha xira de concertos con Xuventudes Musicais de Cataluña.
Graduada con matrícula de honra da ESMUC en 2021 e do Máster de piano en Hamburgo, foi artista residente en l’Atlàntida de Vic, actuou no Auditorio de Barcelona, en prestixiosos festivais como a Schubertiada de Vilabertran e o Barcelona Obertura, colabora coa Fundación Live Music Now de Hamburgo e ofrece concertos regularmente en España, Alemaña, Reino Unido e Austria.
Durante a tempada 2025/2026 debutará como solista coa OBC en l’Auditori de Barcelona, e tamén actuará no Auditorio de Zaragoza, Lugo, Sala Turina de Sevilla, Sala Bechstein de Hamburgo, entre outros concertos programados.
Foi premiada en concursos nacionais e internacionais e recibiu bolsas de excelencia. Paralelamente é directora artística do Festival Clàssic Pals dende o 2021.






























