Cartel do Concerto do Cuarteto Óscar Espá de Asisa

O concerto de apertura do ciclo «Músicas a carón da Mosqueira» que promove Lugo Cultural terá lugar o vindeiro luns, 10 de febreiro de 2020 ás 20:00 no auditorio da Casa do Saber con entrada libre e gratuita ata completar aforo. E quén abre este importante ciclo: o Cuarteto Óscar Esplá de Asisa, unha formación artística feminina creada en 2006 na Escola Superior de Música Reina Sofía e integrada por Patricia Cordero, violín; Raquel Areal, violín; Raquel de Benito, viola, e Montserrat Egea, violonchelo. 

Cuarteto Óscar Esplá de Asisa ofreceu numerosos concertos en moi diversos escenarios, como o Teatro Principal de Burgos, Casa de Salinas en Sevilla,
Teatro Principal de Alacante, Casino Mercantil de Zaragoza, Auditorio de Barcelona, Teatro Victoria Eugenia de San Sebastián, Auditorio Alfredo Kraus das Palmas de Gran Canaria, Palacio das Artes Reina Sofía de Valencia, Ciudad de las Comunicaciones de Telefónica, Teatro Calderón, Capilla de San Gregorio de Valladolid ou Catedral da Virxe das Neves en Eivisa, así como Auditorio Sony, Fundación Lázaro Galdiano, Teatro Real e Universidade Complutense en Madrid.

Logo de varios anos de actividade, as integrantes deste cuarteto de corda, que na actualidade seguen a recibir formación da man do profesor Heime Müller, gravaron en 2012 un CD para Asisa con obras de Dvořák, Brahms e Piazzola. Anos despois, xa no curso 2018-19, esta formación recibiu de mans da Raíña dona Sofía o diploma de cuarteto de cordas máis sobresaínte. Este recoñecemento serviu tamén de antesala do Premio EMCY, un galardón outorgado pola European Union of Music Competition for Youth (EMCY) no marco do XCIV Concurso de Xuventudes Musicais de España e que na última edición recaeu precisamente no Cuarteto Óscar Espá de Asisa.

Patricia Cordero, violín

Naceu en Madrid (España) no ano 2000. Desde 2016 é alumna da Escola Superior de Música Reina Sofía, na Cátedra de Violín, co profesor Marco Rizzi. Conta cunha bolsa de matrícula da Comunidade de Madrid e Fundación Albéniz. Gañou o primeiro premio dos concursos Violines por la Paz (2013), Cidade Vigo (2015) e Intercentros Melómano Madrid (2015). Participou en varios festivais, como o Must Talent (Ateneo de Madrid) e Noches del Real Sitio (La Granja, Madrid) en 2015. Como alumna da Escola, actualmente forma parte do Cuarteto Óscar Esplá de Asisa.

Raquel Areal, violín

Naceu en Tui (España) en 1999. En 2011 trasladouse a Portugal, onde proseguiu a súa formación na Escola Profissional de Música de Espinho. Colabora coa Orquesta Camerata e Orquestra Sinfónica de Espinho, Joven Sinfónica de Galicia e Sinfónica de Galicia, sendo dirixida por Dima Slobodeniouk, James Ross, Pedro Neves, Roberto Valdés e Vicent Alberola. Actuou, entre outros, no Hostal dos Reis Católicos (Santiago de Compostela), Auditorio de Ponteareas (Espinho), Auditorio Martín Códax (Vigo). Desde 2016 é alumna da Escola Superior de Música Reina Sofía, na Cátedra de Violín Telefónica co profesor Zakhar Bron. Conta con bolsa de matrícula Copasa e Fundación Albéniz, e con bolsa de residencia Fundación Albéniz. Formou parte do Trío Dvořák. Actualmente forma parte do Cuarteto Óscar Esplá de Asisa.

Raquel de Benito, viola

Naceu en Madrid (España) en 1996. Desde 2013 é alumna da Escola Superior de Música Reina Sofía na Cátedra de Viola Fundación BBVA, coa profesora Diemut Poppen. Conta con bolsa de matrícula FIAT e con bolsa de residencia Comunidade de Madrid. Recibiu de mans da súa Maxestade a Raíña Dona Sofía o Diploma de alumna máis sobresaínte da súa Cátedra nos cursos 2015-2016 e 2016-2017. Como alumna da Escola, forma parte da Orquesta Sinfónica Freixenet, baixo a batuta de Víctor Pablo Pérez, Josep Pons e Stefan Lano, e da de Cámara Freixenet, dirixida por András Schiff e Eldar Nebolsin. Ademais, foi membro do Cuarteto Haendel de Puertos del Estado, baixo a tutela de Heime Müller e do Grupo Brahms. Actualmente é membro do Cuarteto Óscar Esplá de Asisa e do Consort de Cordas da Fundación Mutua Madrileña.

Montserrat Egea, violonchelo

Naceu en Toledo (España) en 1997. Desde 2017 estuda co profesor Ivan Monighetti na Cátedra de Violonchelo da Escola Superior de Música Reinaa Sofía. Conta cunha bolsa matrícula Fundación Albéniz. Foi galardoada co primeiro premio no Concurso Xoves Promesas de Violonchelo Jaime Dobato Benavente e Concurso Permanente de Juventudes Musicales de España 2016, e o premio da European Union of Music Competitions for Youth (EMCY). Así mesmo, actuou como solista coa orquestra de Musikene baixo a dirección de Pedro Halffter. Como alumna da Escola formou parte do Grupo Da Vinci de Google e actualmente forma parte do Cuarteto Óscar Esplá de Asisa.