Novembro 2019 O venres 29/11, a Banda Filharmónica de Lugo, homenaxeará a Indalecio Fernández Groba, que foi director da Banda Municipal entre o 1979 e o 1991, cun concerto no Círculo das Artes a partir das 20:30 (entrada gratuita ata completar aforo). Ademáis, como mestre de moitos e moitas lucenses, no concerto participarán ex alumnos de D. Indalecio.
Iván Martínez Sabio será o encargado de dirixir á Banda Filharmónica, que comezará interpretando o pasodobre Pepita Graus, de Pascual Pérez Choví. Continuarán coa suite sinfónica da zarzuela La Leyenda del Beso, de Reveriano Soutillo e Juan Vert. De seguido, interpretarán as Danzas Polovstianas da ópera Príncipe Igor, de Alexander Borodin e rematarán co pasodobre galego Saludo a Lugo, do propio Indalecio Fernández Groba.
O acto foi presentado pola concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, xunto con Miguel Díaz Valdés, discípulos de D. Indalecio Fernández Gorba e José Luis Díaz da Sociedade Filarmónica de Lugo como entidad colaboradora.
PROGRAMA
Pepita Greus, pasodobre – Pacual Pérez Choví
La leyenda del beso, suite sinfónica de zarzuela – reveriano Soutullo e Juan Vert
Festa na Tolada, rapsodia galega – Gustavo Freire
Danzas Polovtsianas da ópera Príncipe Igor – Alexander Borodin
Saludo a Lugo, pasodobre galego – Indalecio Fernández Groba.