Concerto do Dúo Cassadó

Sábado, 27 de febreiro de 2021 20:00 h. Círculo das Artes de Lugo – ORGANIZA: SOCIEDAD FILARMÓNICA DE LUGO

Dúo Cassadó

Programa:

J. S. Bach: Suite para violonchelo nº 3

Z. Kodály: Adagio para violonchelo e piano

E. Bloch: From a Jewish Life

Arvo Pärt: Spiegel im Spiegel / Fratres

Para asistir aos concertos será preciso reservar as localidades. Compre reservalas por correo electrónico no enderezo: filarmonicadelugo@gmail.com ou chamando por teléfono ao número 982 230 805

Dúo Cassadó

Damián Martínez Marco, violonchelo

Marta Moll de Alba, piano

Aclamado internacionalmente pola súa exquisita musicalidade e sensibilidade, o Dúo Cassadó é artista en exclusiva de Warner Classics. Actuou en prestixiosas salas e festivais de todo o mundo e recibiu o recoñecemento do público e da crítica internacional.

Damián Martínez, considerado un dos mellores violonchelistas da súa xeración, foi recoñecido e apoiado por Mstislav Rostropovich. Foron recomendados por Alicia de Larrocha, como o máis brillante dúo representante da música de cámara de España.

O seu disco Rapsodia del Sur recibiu o apoio da Fundación BBVA, foi elixido entre os mellores discos do ano e foi galardoado co Melómano de Ouro.

Proximamente o Dúo Cassadó actuará en España, Alemaña, Paquistán, China, Xapón e América Latina.

Damián Martínez Marco destacou a una idade temperá pola recomendación de Mstislav Rostropovich á Súa Maxestade a raíña Dona Sofía. Recoñecido pola crítica especializada pola súa sensibilidade expresiva e o seu exquisito son, foi galardoado en concursos internacionais en Francia, España e Portugal.

Realizou xiras por todo o mundo e participou en numerosos festivais destacando os seus concertos xunto a Christian Zacharias, Cuarteto Brodsky, Natalia Gutman e Mischa Maisky.

O compositor Salvador Brotons escribiulle a Sonata para Cello Solo que estreou en Lisboa e o mestre Tomás Marco dedicoulle a sonata para violonchelo e piano Sibilas fronte ao espello que estreou con grande éxito en Madrid.

Con 20 anos gañou a praza de primeiro violonchelo da Orquestra da Radio Televisión Española (ORTVE) e do ano 2001 ata o 2005 foino da Orquestra Sinfónica de Barcelona (OBC).

É profesor titular de violonchelo no Centro Superior de Música do País Vasco MUSIKENE, na Escola Superior de Música de Cataluña ESMUC e na Universidade Afonso X O Sabio en Madrid.

É licenciado pola Guildhall School of Music de Londres, Indiana University School of Music de EUA e Musikhochschule Stuttgart. Realizou os seus estudos con Janos Starker, Natalia Gutman, María de Macedo e Aldo Parisot, apoiado por Juventudes Musicales de Madrid, Fundación Pau Casals, Fundación Ritz, Indiana University, Banff Centre of Arts Canadá e Yale University.

 

Marta Moll de Alba está considerada como unha brillante representante dos pianistas da súa xeración. Gañou concursos de piano en Barcelona, Porto e Mannheim.

Estudou piano con Alicia de Larrocha, Leontina Margulis, Margarita Guerra, Cecilio Tieles e Tibor Szász. Obtivo o Título Superior de Piano en España e trasladouse a Alemaña cunha bolsa de estudos concedida por Alexander von Humboldt Stiftung. Estudou na Staatliche Hochschule für Musik Freiburg e obtivo o Künstlerische Ausbildung na Staatliche Hochschule für Musik Köln. Recibiu clases maxistrais de Rudolf Kehrer, Josep Colom, Vitaly Margulis, Arbo Valdma, Vladimir Krainev, Dimitry Bashkirov e György Sebök.

Actuou por todo o mundo en salas como Steinway Haus Düsseldorf, Wiener Musikverein, Richter Galerie Tel Aviv, Ópera do Cairo, Palazzo Ricci, Acropollium Carthage, Oriental Arts Shanghai, National Centre for the Performing Arts of Beijing, Sociedad Filarmónica de Las Palmas, Auditorio Alfredo Kraus, Auditorio Nacional de Madrid, Palau de la Música Catalana, Sociedad Filarmónica de Oviedo, Fundación Juan March ou Sociedad Filarmónica Bilbao.

Destaca a súa participación no Festival Schloss Elmau, VioloncellenSeine de París, Formentor Sunset Classics, Festival de Música Contemporánea de Barcelona, Festival de Música Española de Medellín, Outubro Musical de Túnez, Ciclo de Música Española do S. XX de Portugal, Festival de Música Española de Madrid e Quincena Musical de San Sebastián.

Traballou na Escola Superior de Música de Cataluña ESMUC e na Academia Superior do Liceo de Barcelona. Actualmente é profesora en Musikene, Escola Superior de Música do País Vasco e na Universidade Afonso X O Sabio en Madrid.