Pouco a pouco a actividade cultural sae do seu confinamento e das súas propostas on line volve ao mundo físico. As librerías de Lugo xa están abertas e esta semana do 25 de maio poderían abrir os cines, museos, salas de concertos … salas como o Club Clavicémbalo que retoma a actividade este venres 29 cos lucenses Filophóbicas e o sábado 30 co grupo, tamén de Lugo, Queen Pro Quo. Os concertos son para 50 persoas cumprindo todas as medidas sanitarias e de seguridade.
Rock en galego cheo de retranca e humor corrosivo. Por aquí decimos deles que son unha mestura entre os Yellow Pixoliñas e Siniestro Total. Épicas e moi aclamadas foron as súas actuacións no escapARTE Fest. Nada como volver ao Clavi con eles xa que proporcionan grandes momentos de boa música e xenial humor.
Entradas a 5 euros vía as redes do grupo ou en taquilla.
Boa parte da «crème de la crème» dos músicos lucenses forman este grupo de versións-homenaxe aos QUEEN. O Freddie Mercury lucense é Miquel Bello e o resto dos Queen son: Gonzo Piña (baixo), Saulo S. (guitarra), Ro Muñoz (batería) máis Luis Monsalve (piano).
Entrada anticipada: 6 euros (vía mail en queenproquo@gmail.com ou no tfno: 600903115). Taquilla: 8 €
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte