Fotografías – Lugo inaugura a Capital da Cultura do Eixo Atlántico

Fotos: Loopez (instagram)

Lugo estreouse como Capital da Cultura do Eixo Atlántico cun concerto do lucense Abraham Cupeiro e a Orquestra Filarmónica de Braga.

A cidade ofrecerá máis de 30 programas diferentes e máis dun centenar de actividades referentes a moitas das disciplinas culturais e artísticas de Galicia e do norte de Portugal.

A música, a gastronomía, a literatura, a danza, o teatro, o patrimonio, a arte urbana ou as tradicións galego-lusas serán algúns dos eixos da axenda prevista ata final de ano.

A través da páxina https://www.lugocapitaldacultura.com/ as persoas interesadas poderán atopar información actualizada das actividades e eventos desta cita transfronteiriza.

A alcaldesa de Lugo e presidenta do Eixo Atlántico, Lara Méndez, destacou “o potencial da cultura para crear crecemento e emprego, de aí a importancia de investir neste sector para xerar riqueza e postos de traballo”.