Cartel do concerto da Orquestra Barroca Vigo 430

O vindeiro sábado 25 de xaneiro de 2020 ás 20:00 no Círculo das Artes poderemos disfrutar do concerto da Orquestra Barroca Vigo 430 baixo a dirección de Pedro Castro e con Magna Ferreira de soprano. O programa é o seguinte:

A. Marcello: Concerto para óboe e orquestra en re menor
J. S. Bach: Cantata Weichet nur, betrübte Schatten BWV 202
G. Ph. Telemann: Suite para frauta e orquestra em la menor
J. S. Bach: Cantata Ich bin vergnügt mit meinem Glücke BWV 84

Ás 17:30 a divulgadora Teresa Adrán falará sobre o programa do concerto en «Programa de antemán» tamén no Círculo das Artes (Salón de columnas).

A entrada ao «Programa de antemán» é gratuita. A entrada ao concerto das 20:00 para o público en xeral, que non sexa socio da Filarmónica, pode adquirirse no Círculo das Artes, os estudantes do Conservatorio poden acceder libremente co carné de estudante do mesmo e os estudantes universitarios poden recoller a súa entrada na Oficina de Cultura do Campus (edificio do Vicerreitorado a carón da Casa do Saber) Para máis información poden dirixirse ao teléfono 982 230 805, ao mail filarmonicadelugo@gmail.com ou na Web www.filarmonicadelugo.com

Orquestra Barroca Vigo 430

Pedro Castro, director, óboe e frauta

Magna Ferreira, soprano

Coline Ormond, violín I

Ángela Neto, violín II

Javier Escobar, viola

Isabel Figueroa, violoncello

Eva Euwe, violone

Marta López, clave

Pedro Castro

Pedro Castro naceu en 1977 en Oporto. Graduado na Escola de Música de Lisboa baixo a dirección de Pedro Couto Soares e o Real Conservatorio da Haia nos Países Baixos baixo a dirección de Sebastien Marq (frauta) e Ku Ebbinge (óboe barroco).

Actuou como solista con grupos como Al Ayre Español, Le Talens Liryques, Divino Sospiro, Capela Real, Orquestra Barroca da Casa da Música de Oporto, Orquestra Barroca de Sevilla, Quarteto Arabesco, A Imagem da Melancolía e Músicos do Tejo; traballando baixo a dirección de Eduardo López Banzo, Enrico Onofri, Christophe Rousset, Alfredo Bernardini, Jeremie Roher e Monica Hugget, entre outros nomes importantes na interpretación histórica.

Pedro Castro é profesor de frauta, óboe barroco e música de cámara na Academia de Música de Santa Cecilia, a Escola Superior de Música e Artes Escénicas e a Escola Superior de Música de Lisboa.

Magna Ferreira

Nacida en Estarreja, é licenciada en Canto na Escola de Música e Artes Escénicas e Máster en Educación Musical, da Universidade do Miño.

Foi membro do estudo House of Music Opera onde traballou con Peter Harrison (técnica vocal), Jeff Cohen, Giuseppe Frigeni, Cornelia Geiser, Graziela Galvanni e Lorna Marshall, entre outros. Como solista destaca a súa participación na estrea mundial de Canticum Canticorum de João Heitor Rigaud; a ópera de Ned Rorem As tres irmás; na estrea moderna de Joaz de Benedetto Marcello (como Athalia) e na estrea moderna do repertorio do Convento Ave María en Oporto (séculos XVIII e XIX). Cantou con diversas formacións, incluídos os grupos Udite Amanti, The Image of Melancholy, Remix Ensemble, Remix Orquestra, Orquestra Artave, Orquestra Sine Nomine, Orchestra do Norte e Orquestra do Minho.

Actualmente é profesora de coro no Conservatorio de Música de Oporto, de canto no Curso de Música Antiga de ESMAE e no Curso de Dirección Coral da Universidade do Miño.

Notas ao programa

O Concerto para óboe e cordas en re menor foi escrito por Alessandro Marcello a comezos do século XVIII e converteuse na súa obra máis famosa. É ademais un dos concertos para óboe máis interpretados dentro do repertorio oboístico barroco. 

A Cantata BWV 202 de J. S. Bach, foi destinada a un banquete de vodas, hai quen di que ao seu propio enlace con Anna Magdalena en 1721. Esta cantata é un himno á primavera, que reflicte toda a alegría de vivir do Bach de Cöthen: o das Sonatas para violín e os Concertos de Brandenburgo.

A Suite para frauta de pico, corda e continuo en la menor, TWV 55:a2, coñecida co sobrenome do segundo movemento, Les Plaisirs, é sen dúbida unha das máis célebres para o instrumento.  Esta suite é un brillante exemplo da mestura dos estilos francés e italiano, da que Telemann era un absoluto dominador, presenta esa alternancia entre paisaxes puramente afrancesadas –a abertura inicial tan alla francese, a Réjouissance ou a Polonaise conclusiva–, con outros italianizantes –Air al italien–

Ich bin vergnügt mit meinem Glücke, BWV 84 (Estou contento coa miña sorte) é unha cantata de igrexa escrita por Johann Sebastian Bach, durante o seu primeiro ano como Thomaskantor en Leipzig, para o terceiro domingo antes da Coresma, coñecido como Septuaxésima, estreada o 9 de febreiro de 1727. Esta obra é unha das escasas pezas ás que o propio Bach chamou cantata no seu momento. 

Programa de concertos da tempada 2019-2020 da Sociedade Filarmónica de Lugo