Lugo vivirá a máis grande Jam Session da historia o domingo 30 de agosto a partir das 12:30 na Pza de Santa María. 
Lugo vivirá a máis grande Jam Session da historia

Este 2020 o Festival Internacional de Jazz de Lugo celebra a súa 30 edición e dentro das actividades de tan especial ano, organizan este domingo 30 de agosto na Praza de Santa María de Lugo a «Festa do Jazz Galego» que reunirá a máis de 100 músicos de jazz que turnaránse para tocar sen parar durante 5 horas na maior Jam Session feita nunca en España…e ao mellor no mundo.

A Jam vai estar adicada, e tocaranse varios temas da súa autoría, ao quizáis máis grande músico de Jazz de tódolos tempos, e que xustamente neste ano fai 100 anos do seu nacemento: o gran Charlie Parker.

O evento é gratuíto sen necesidade de reservar entrada xa que está pensado e organizado para que o público vaia rotando de paso con todas as medidas sanitarias vixentes.