Ata o 31 de agosto está aberta a convocatoria para participar na sexta edición de Vaia Vaia (26 e 27 de setembro en Lugo)
Grazas a colaboración coa @vicedepulugo o Encontro de Fanzines e Autoedición Vaia Vaia 2026 terá lugar na capela de Santa María, un santuario desacralizado pertencente ao Centro de Artesanía e Deseño,
Un lugar moi especial situado na Ronda da Muralla en Lugo no que ademais de contar cunha arquitectura fermosa tamén ten facilidades para poder aparcar.
O obxectivo deste encontro non é outro que acoller unha pequena xuntanza de autoedición e constituírse como unha reunión pública e aberta a todo aquel que estea interesado nas publicacións independentes e autoxestionadas, sempre nun ambiente de inclusividade. Os postos de fanzines e derivados, serán o punto de encontro principal ao redor do cal se organizarán diversas actividades como obradoiros, charlas, pinchadas e concertos.
Bases de participación e formulario de inscrición en https://linktr.ee/vaiavaia
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es