PREMIOS MARATÓN FOTOGRÁFICO 2026

Premio Eduardo Ochoa á mellor fotografía de tema libre: Francisco Javier Lanseros García con ‘Fragmento urbán’, dotado con 300 euros e tamén con trofeo e o correspondente diploma acreditativo.

Premio Eduardo Ochoa á mellor fotografía de tema libre: Francisco Javier Lanseros García con ‘Fragmento urbán’

Premio Carlos Valcárcel á mellor fotografía do tema proposto pola organización («casas»): Sara Hermo Alonso con ‘Ocupación vixiada’. Este galardón está dotado con 350 euros, trofeo e o correspondente diploma acreditativo.

Premio Carlos Valcárcel á mellor fotografía do tema proposto pola organización ("casas"): Sara Hermo Alonso con ‘Ocupación vixiada’.

O Premio do Público resolveuse en empate para as obras ‘Casas’ de Sara López Temes e ‘Dúplex con vistas ao Miño. Búscase compañeiro de piso’ de Esther López.

Entrega de galardóns

Tivo lugar na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo, nun acto presidido pola vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio, Ana Cabana Iglesia. Ademais da vicerreitora, participaron Iria Castro Fernández, deputada provincial de Cultura, patrimonio histórico e lingüístico da Deputación de Lugo; Javier Vázquez Prado, concelleiro de Cultura e Educación  do Concello de Lugo; e o coordinador do certame, Eduardo Ochoa.

O xurado estivo integrado por Eduardo Rodríguez Ochoa, coordinador do Maratón Fotográfico, que actuou como presidente; María Teresa Díaz Valcárcel, especialista en fotografía, familiar de Carlos Valcárcel e que actuou como vogal; Adrián Vázquez Rodríguez (Adra Pallón), fotógrafo, tamén vogal; e Paloma Lugilde Rodríguez, encargada de actividades culturais do Campus de Lugo, que sen voto exerceu a secretaría.

Ademais, unha ducia dos traballos presentados pasan a integrar unha mostra que pode visitarse na Biblioteca ata o vindeiro 14 de decembro.

Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da Universidade de Santiago de Compostela, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.