
As mellores fotografías entre as 96 que se presentaron ao Maratón Fotográfico do Lugo Cultural 2022 foron as seguintes:
Premio Carlos Valcárcel á mellor fotografía do certame: «Entre acordes» de Sara López Temes
Premio Eduardo Ochoa á mellor fotografía do tema proposto pola organización: «Contraste capital» de Begoña Pérez López.
Premio á mellor fotografía de tema libre: «Retrato en branco e negro» de María Jesús Varela Pulpeiro.
Premio Rof Codina: «Nós» de Bruno Martínez Pérez
A Biblioteca Universitaria Intercentros acolle ata o 2 de febreiro unha escolma de 24 fotografías. Do 6 de febreiro ao 3 de marzo, poderán verse na Biblioteca Provincial de Lugo.
Alén destas exposicións públicas, doce das fotografías presentadas a concurso darán vida e ilustrarán o calendario de 2023 do Lugo Cultural.

vinte imaxes, contou coa participación do coordinador do Maratón Fotográfico do
Campus e integrante do Grupo Cinematográfico Fonmiñá, Eduardo Ochoa; o adxunto á
Vicerreitoría de Organización Académica da USC, Antonio Álvarez; a concelleira de
Cultura do Concello de Lugo e vicepresidenta da Deputación Provincial de Lugo, Tareixa
Ferreiro, e a fotógrafa e neta de Carlos Valcárcel, Teresa Díaz Valcárcel. A directora da
Biblioteca Provincial de Lugo, Isabel Perez Fórneas, e a súa homóloga da Biblioteca
Intercentros, Julia Cantalapiedra, tamén asistiron ao acto de entrega de premios e
apertura da exposición, unha sesión que congregou a maioría das persoas que tomaron
parte na cita artística celebrada o pasado 6 de novembro.






Anterior
Siguiente










