
Novembro 2019 Lugo será, este ano, a sede da acción de toda Galicia da campaña Concellos en Negro contra a Violencia, sendo así o epicentro galego do 25N
PROGRAMA
Xoves, día 21
Cine, ás oito da tarde, no Salón de actos do Vello Cárcere, no que se proxectarán as curtas Suc de Síndria e 16 de decembro, dando paso a continuación a un coloquio coa participación de Tonina Gay do Club Cultural Valle Inclán e con Belén Regueiro, técnica municipal.
Xoves, día 21 e venres 22
Taller de customización de roupa con mensaxes feministas e de igualdade na Casa da Xuventude
Domingo 24
Festival Invisibles 2019 a partir das 12:00 ata as 20:00
Luns, 25
12:00 horas ofrenda floral como homenaxe ás mulleres vítimas da violencia. Unha concentración ante a árbore da vida, na Praza de Santo Domingo, con lectura dun manifesto e actuación musical e actividade da man do Secretariado Xitano
Presentaron o programa: a alcaldesa, Lara Méndez e a edil Ana Abelleira






