
Recoñecemento internacional para o artista lucense Manuel Pallín.
Un dos seus últimos murais, «Copora», acaba de ser recoñecido como «mellor mural do mundo do mes de xuño en Street Art Cities», a maior plataforma de arte urbana do mundo.

«Copora» é unha guerreira castrexa ataviada cos elementos característicos como son as arracadas (pendentes femininos), unha fíbula como pasador da roupa, un colar castrexo e un puñal de antena.
Manuel Pallín estivo asesorado para este traballo pola directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro, e polo arqueólogo Enrique Alcorta.


O mural está nunha medianeira do edificio número 158 da Rolda da Muralla.

Manuel Yoe33 Pallín – facebook –
Manuel Concepto Circo Pallín – instagram –







